Acto público do BNG de Redondela, “a prol do sistema público de pensións”

Por o 10/04/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
Acto público do BNG de Redondela, “a prol do sistema público de pensións”

O sindicalista da CIG, e membro da Fundación Moncho Reboiras, Antolín Alcántara, participará en Redondela nun acto en defensa do sistema público de pensións. Neste encontro de carácter público organizado pola Asemblea Local do BNG, pretende informar a toda a veciñanza redondelá da viabilidade do actual sistema, e das posibilidades para melloralo.

“As reformas do PSOE e do PP, coa complicidade pactista dos sindicatos CC.OO e UGT, lévannos a esta situación de debilidade e indefensión dos xubilados e xubiladas”, afirman dende a organización nacionalista. Consideran que existen importantes ameazas sobre un sistema que “debe garantir uns ingresos dignos para aqueles e aquelas que durante anos formaron parte do sistema productivo, permitindo tanto ás empresas como ao propio estado, beneficios para que foran viábeis”.

Dende o BNG, apostan por chegar con este tipo de actos ao conxunto da veciñanza, para que se sinta responsábel e cómplice da “resposta na rúa ás políticas lesivas que para o conxunto da cidadanía está a aplicar o goberno de Mariano Rajoy, e máis concretamente no caso das pensións”.

Neste acto participará Antolín Alcántara, histórico sindicalista da CIG quen “desvelará as mentiras que se están a verquer sobre as pensións, ademáis de defender o futuro do modelo, que mesmo debe mellorarse con políticas activas a prol do conxunto da sociedade”.

Dende o BNG emprazan a particpar tanto deste Acto Público o xoves 12 ás 20h. No Multiusos de A Xunqueira, como da Movilización que terá lugar o domingo 15 de abril dende Vía del Norte en Vigo.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.