Acto Público informativo do BNG en Chapela sobre a AP-9

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

Acto Público informativo do BNG en Chapela sobre a AP-9

Dentro da campaña informativa que baixo o lema “Facer valer Galiza” está a promover o BNG para dar a coñecer os compromisos que para o noso pais se conseguiron a través do acordo de investidura, vaise realizar un acto público informativo centrado na AP-9 ( transferencia a Galiza, gratuidade do 100% nas viaxes de ida e volta, supresión da peaxe de Rande e demais cuestións que sobre este punto figuran no documento do acordo)

Será o venres 24 de xaneiro as 20.00 horas no multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela e contará coas intervencións do deputado do BNG no congreso Néstor Rego e dos portavoces municipais de Vigo, Xabier Perez e de Redondela Xoan Carlos González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.