Acto público sobre os ventres de alugueiro

Por o 20/11/2017 | Sección: Cultura,Galicia,Redondela
Acto público sobre os ventres de alugueiro

O BNG de Redondela organiza un acto público sobre os ventres de alugueiro, que terá lugar o venres día 24 de novembro as 20:00 horas na Casa da Cultura. Un acto no que se falará desta práctica, tamén chamada eufemísticamente “xestación subrogada” que o entender da organización nacionalista busca a utilización das mulleres con menos recursos para ser empregadas como incubadoras e xestar bebés para parellas con mais capacidade adquisitiva, que por diversos motivos, non poden ou non queren pasar por un embarazo, pero si queren ter descendencia biolóxica. Polo tanto estamos diante dunha práctica, baseada na mercantilización dos corpos das mulleres.

O desexo da descendencia biolóxica, en ningún caso, se pode levar a cabo a costa de menoscabar os dereitos das mulleres máis vulnerables. Unha práctica na que segundo o BNG, tanto as mulleres como as crianzas, son tratadas como mera mercadoría, mesmo na chamada “xestación subrogada altruísta” agóchanse intereses lucrativos de clínicas de fertilidade e bufetes de avogados que actúan como intermediarios, nun negocio que move millóns de euros en todo o mundo. Pois para falar de todo isto, estarán: Jessica Garcia, Responsábel Comarcal de Galiza Nova e Ana Bringas, Coordinadora do Grupo de Traballo de Acción Feminista do BNG.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.