Acto de reivindicación Republicana

Publicado por o día 11/04/2017 na sección de Cultura,Esquerda Unida,Vigo

Acto de reivindicación Republicana

Hoxe martes 11 de abril a agrupación local de Esquerda Unida de Vigo organiza un acto de reivindicación do republicanismo.

Terá lugar ás 20:00h da tarde na sede comarcal (Porta do Sol, 11bis entrechán).

O acto consistirá no proxección do documental “Flores Tristes” dirixido por Teo Manuel Abad.

SINOPSE
As últimas fosas comunes abertas en Europa non foron en Srebrenica ou Kosovo. Realizáronse o ano 2006 no extremo máis occidental do continente, un dos seus finisterres: Galicia, unha rexión autónomado norte de España. E foron as da guerra e posguerra máis antiga da idade moderna, a máis idealista e internacional das guerras europeas e preludio da segunda guerra mundial: a guerra de España. 70 anos fixeron falla para que se comezaran a abrir estas fosas.

A dictadura de Franco terminou fai máis dun cuarto de siglo, pero as súas sentencias de morte aínda non foron esquecidas. Máis de mil galegos, familiares das víctimas do franquismo queren desenterrar a verdade,sepultada en cunetas, montes e tapias de cemiterios dende fai máis de 70 anos: queren os restos dos seus irmáns, pais ou avós. E queren recuperar a súa memoria despois de tantos anos de silencio.

Flores Tristes traza unha analoxía entre as flores nadas nestas fosas e cunetas de Galicia con estes descendentes vivos que por fin falan rompendo un longo silencio.