Acto de rúa pola dignidade e o respeto ás nais empobrecidas

Por o 16/06/2017 | Sección: Os Ninguéns,RSP,Social,Vigo
Acto de rúa pola dignidade e o respeto ás nais empobrecidas

Este luns 19 de xuño ás 11:00 da mañá, Os Ninguéns e a RSP concentranse diante da Dinoseta de Pza. da Princesa en Vigo.

O Foro Socioeducativo Os Ninguéns e a Rede de Solidariedade Popular de Vigo, realizarán un acto feminista diante da Dinoseta en desagravio ás nais paradas que non cobren as súas necesidades básicas e son humilladas e estigmatizadas polo alcalde Abel Caballero e a concelleira Isaura Abelairas.

Neste acto, declararán ante esta escultura de arte vexetal que non se trata dun Dinoseto, senón dunha Dinoseta e que o declaran espazo de encontro para visualizar a pobreza feminina con fillos ao seu cargo.

Para o goberno municipal o dinoseto é un ornato frívolo e unha atracción para o turismo: a RSP é os Ninguéns queren subvertir ese símbolo e convertilo nun espacio moi serio de loita contra a fobia ás empobrecidas.

Denunciarás as condutas aporofóbicas do actual gobernomunicipal que humilla e estigmatiza ás nais cando piden auxilio na vía pública ás institucións para visualizar con valentía e moita dor que son desafiuzadas e lanzadas dos seus pisos sen ningunha alternativa institucional que evite a dispersión dos seus fillos ou ter que marcharse da nosa cidade.

“Converteremos á Dinoseta en símbolo da maternidade combativa contra a inxustiza social e a aporofobia.”

Ao acabar devandito acto, sumaranse á convocatoria #19XAlertaFeminista diante do Marco ás 12:00 da mañá.