Actos do 25 aniversario do Consello Municipal da Muller

Por o 04/12/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Actos do 25 aniversario do Consello Municipal da Muller

Hoxe, 4 de decembro, comezan os actos conmemorativos do 25 aniversario da constitución do Consello Municipal da Muller, cunha xornada de convivencia para mulleres, no Hotel Coia. O 2 de decembro de 1993 nace o Consello, como unha iniciativa pioneira en todo o estado e co obxecto de garantir o dereito á participación na vida municipal das cidadás viguesas como colectivo social.

Os actos conmemorativos continúan o xoves día 13, ás 19.00 horas ,cunha mesa redonda co título “O Consello Municipal da Muller.25 anos traballando a prol da Igualdade” na Casa Galega da Cultura; e o venres 14 , ás 20.00 horas preséntase o vídeo “25 anos de historia do CMM” no auditorio municipal da praza do Rei.

Durante estes anos 25 anos de andaina o Consello Municipal da Muller constituíu un papel favorecedor do encontro das asociacións e entidades que traballan a prol das mulleres en Vigo, adquirindo un papel participativo e aglutinador das políticas a favor da igualdade de oportunidades e trato das mulleres nos distintos ámbitos de intervención municipal.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.