Actos do aniversario dos lumes nas Neves

Publicado por o día 12/10/2018 na sección de As Neves,Galicia

Actos do aniversario dos lumes nas Neves

O Concello das Neves  conmemora o vindeiro luns,  día 15,  o 1º aniversario da vaga  de lumes que o 15 de outubro de 2017  arrasou máis  de 4.000 hectáreas, queimou preto de  30  casas  e acabou con  empresas do  sector primario que daban emprego a ducias  de veciñas e veciños.

O Goberno Municipal lembrará ese día presentando a alumnas e alumnos da vila  o  proxecto ambientalista ‘O  Monte   nace  na  Escola’, ás  11  e  media da mañá, que  ten  coma  obxectivo comprometer as cativas e cativos, rapazas e rapaces dende a Escola  Infantil ata o Instituto para  incorporar elementos de convicción que garanta a supervivencia do medio ambiente nevense.

As    medidas   impulsadas   polo    Concello   abranguen,   ademais,   o    plan ‘Sementando Vida’, coa axuda de One Oak, que  posibilitará que  dende o mes de  novembro ata  o mes  de  febreiro de  2019, se planten 10.000 árbores no ‘Sendeiro dos  Pescadores, na  contorna do  río  Miño,   un  vieiro que  une  as Neves  con Portugal, e por onde  hai un ano entrara o lume.

Do mesmo xeito, da  man  da  Deputación de Pontevedra, e das  Comunidades de Montes, está  previsto plantar unha  hectárea de castiñeiros en Tortoreos, e outros 7.000 en  Vide,  ademais de  colaborar co ‘Grupo Naturalista Hábitat’ e Abanca  na  iniciativa ‘Unha  nova  árbore’, que  fará posible plantar centos de árbores autóctonas en San Nomedio.

O Alcalde das  Neves  reuníuse esta  mañá  co  colectivo de  familias afectadas pola  perda da  vivenda habitual e a representante do  grupo de  voluntariado para   analizar  a  sua   situación  e  ofrecerse  a  continuar     colaborando  na resolución dos seus problemas.

Alcalde de As Neves

Video do Alcalde de As Neves fala do aniversario dos lumes e da as grazas as volutarias e volutarios

Publiée par Noticias de Vigo sur Vendredi 12 octobre 2018

Comentar noticia

Your email address will not be published.