Actos do Día de Rosalía de Castro en Vigo

Participan, entre outros/as escritoras/es, Marta Dacosta, María Reimóndez ou Antonio García Teijeiro.
Publicado por o día 24/02/2017 na sección de Vigo

Actos do Día de Rosalía de Castro en Vigo

Hoxe venres, 24 de febreiro, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, e a Asociación Cultural O Castro organizan conxuntamente o Día de Rosalía en Vigo, que se desenvolverá deste xeito:

– Hora de inicio: 18:45

– Lugar: Imprenta Juan Compañel, Rúa Real 12.

– O acto iniciarase cunha ofrenda floral na imprenta en que se publicou en 1863 Cantares Gallegos e unha pequena intervención das escritoras Marta Dacosta, do Conselleiro Directivo da AELG e Cruz Martínez, presidenta da A. C. O Castro.

A seguir, e con acompañamento musical, dirixirémonos ao Centro Cívico, rúa Oliva 12, cedido polo Concello de Vigo, en que terá lugar a lectura que se iniciará co Manifesto do Día de Rosalía na voz da súa autora, Ledicia Costas.

A continuación más de vinte persoas lerán os versos de Rosalía, entre elas: María Reimóndez, Antonio García Teijeiro, Francisco Sampedro,  Miguel Ángel Alonso Diz, Clara do Roxo, Xosé Daniel Costas Currás, Elsa Quintas, Manuel Caride, Manuel Xestoso ou Nemesio Barxa.

Data: 24 de febreiro de 2017

Hora de inicio: 18:45 h.

Lugar: Imprenta Juan Compañel (Rúa Roel, 12)