ADEGA estará na II Mostra do Posible

Por o 30/09/2018 | Sección: ADEGA,Cangas,Eventos,Galicia,Social
ADEGA estará na II Mostra do Posible

Os vindeiros días 6 e 7 de Outubro, ADEGA participará na II Mostra do Posible que terá lugar na localidade de Cangas do Morrazo. Esta mostra é un encontro de diversas entidades de economía solidaria e de movementos sociais galegos, mediante a cal preténdese visibilizar que existen múltiples alternativas para construír entre todas un mundo máis xusto, sostible e ecolóxico.

Durante eses días, ADEGA terá un posto con información sobre os diferentes proxectos, iniciativas, actuacións e actividades de voluntariado que se desenvolven desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, que xa conta con máis de 40 anos de experiencia. A súa vez, o domingo 7 participaremos na mesa redonda “Alianzas e autoorganización ante os lumes” que terá lugar de 16:00h a 17:30h.

Se queres información detallada sobre algún asunto en particular, ou ben queres dar un paso adiante e pasar á acción na defensa do medio ambiente, agardámoste no posto de ADEGA nesta segunda edición da Mostra do Posible.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.