Adicam organiza un “obradoiro” de cociña saudable na sede de Afundación en Vigo

Publicado por o día 05/02/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Adicam organiza un “obradoiro” de cociña saudable na sede de Afundación en Vigo

O vindeiro venres 7 de Febreiro ás 18:00, Adicam, (Asociación de [email protected] de cancro de mama e xinecolóxico), organiza un “obradoiro” de cociña saudable na sede de Afundación en Vigo. Este será impartido por Carol M., nutricionista, osteópata e terapeuta. Será necesaria inscrición previa.

O espazo de Policarpo Sanz 24/26, acollerá un taller de cociña gratuíto onde se prepararán aperitivos saudables fáciles de elaborar e accesibles para todo tipo de público.

Con este evento, Adicam ten como obxectivo dar a coñecer a súa actividade en Vigo, tanto para chegar a novas persoas que necesiten de apoio en procesos oncolóxicos así como promover as actividades na cidade veciña. Desde o 2016 implementouse en Cangas un programa de hábitos saudables, (“12 pasos cara á saúde”), para promover a saúde física e mental. Tentar achegar estes recursos da asociación e outros, como un taller de intelixencia emocional, que están en camiño, son unha das prioridades da asociación, que traballa por achegar estas opcións á cidadanía viguesa desde 2019, momento no que empezou a funcionar na cidade olívica.