Adquisición e incorporación definitiva do Álbum Nós de Castelao aos fondos da Deputación ao Museo de Pontevedra

Publicado por o día 17/12/2020 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra

Adquisición e incorporación definitiva do Álbum Nós de Castelao aos fondos da Deputación ao Museo de Pontevedra

César Mosquera: “Estas pezas, en depósito ata o 31/12, pasarán a ser propiedade da Deputación. Completamos a colección máis relevante de Castelao. Desapareceron nos 30 pero apareceron e había a vontade de que a obra quedase aquí para respectar a súa vontade”.

César Mosquera: “Dentro duns días asinaremos a escritura coa familia, que segue sen querer facer público quen é. É potentísimo e dálle moita solidez ao Museo, de feito estas son as salas máis visitadas da institución”.

O Álbum Nós (1916-1918) está formado por 49 estampas, 1 autorretrato e o ex libris. Perdéuselle a pista ao orixinal nos anos 30 e localizouse nunha colección particular cando a equipa do Museo preparou ‘Meu Pontevedra’ (2016). Este tiña que ser o seu fogar.

José Manuel Rey: “Castelao tivo unha estreita relación co Museo e a cidade. Foi membro do primeiro Padroado e expresou o desexo de reunir a parte máis salientable da súa colección. O Álbum Nós é unha obra única e excepcional, de gran valía”.

Carmela Silva: “Cumprimos a súa vontade e, ademais, estamos no Museo Nacional de Galicia: as pegadas da nosa historia e cultura están aquí. Non podiamos perder a oportunidade, sendo dunha institución pública pasa a ser propiedade de todas e todos”.
Carmela Silva: “Esta é unha noticia importantísima que nos fai moi felices: poder dicirlle á xente que esta colección pasa a ser da Deputación de Pontevedra. Estamos facendo o que tiñamos que facer, e así sentimos que dedicarnos á política paga a pena”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.