Advirten da saturación do HULA a tres días do peche de Cirurxía

O hospital está completamente ocupado e Urxencias ateigada
Publicado por o día 12/07/2017 na sección de CIG,Galicia,Lugo,Sanidad,Sindicatos

Advirten da saturación do HULA a tres días do peche de Cirurxía

A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar que a 3 días do programado peche da planta de Cirurxía, o hospital está completamente ocupado. “Esta mañá Urxencias amenceu coa unidade de Observación chea de doentes e adiante 4 doentes de observación e 2 pendentes de ingreso na súa camiña”, aseguran.

Diante desta situación a CIG-Saúde insiste na súa “firme oposición” a manter este centro hospitalario por debaixo da súa capacidade de rendemento habitual e reclama unha xestión ordeada e produtiva e non unha dexestión”.

Asegura que Cirurxía está “co estrés do peche, pero mantén aínda 18 pacientes ingresados e, de feito, no día de hoxe interviñéronse 3 doentes”. Por iso denuncia a “inamovíbel” vontade política de pechar dando igual o prexuízo que causa”, tanto ao persoal como ás/aos doentes.

Urxencias saturada

A CIG-Saúde denuncia ademais que, de novo, a unidade de Urxencias é usada “para cousas para as que non está deseñada” e que as e os doentes están mesturadas/os por todas as unidades,” así como o intento de apurar o peche dunha unidade que posiblemente ben podería manterse aberta”.