Adxudicada a obra de mellora do acceso á praia do muíño da Guarda

A actuación enmárcanse dentro do proxecto Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% polos fondos FEDER
Publicado por o día 03/10/2019 na sección de A Guarda,Galicia

Adxudicada a obra de mellora do acceso á praia do muíño da Guarda

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a obra de mellora do acceso á praia do Muíño de A Guarda á empresa Marconsa S.L. por un importe de de 168.287,34  euros.

A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Rio Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a Deputación provincial é socia.

Trátase dun proxecto redactado polo departamento de urbanismo do Concello da Guarda. Os obxectivos desta actuación de mellora do acceso da praia do Muíño son: a recuperación e protección do espazo e a mellora do acceso aos servizos da praia por parte da cidadanía.

O proxecto contempla a construción dunha rotonda para regular o tráfico, darlle continuidade á senda litoral para unila coa fluvial e a creación dunha ampla área de uso exclusivo para as persoas.

Estas obras enmárcanse na actividade 4 do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho destinada á mellora e posta en valor da rede de sendeiros verdes transfronteirizos situados a  ambas marxes do río Miño, a praia do Muíño conta con Bandeira Azul dende hai anos.

Visit Rio Minho, está confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Comentar noticia

Your email address will not be published.