AER achega a súa reunión aberta á Parroquia de Reboreda

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) segue neste mandato os encontros coa veciñanza parroquia a parroquia
Publicado por o día 04/04/2017 na sección de AER,Galicia,Política,Redondela,Vigo

AER achega a súa reunión aberta á Parroquia de Reboreda

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) segue neste mandato os encontros coa veciñanza parroquia a parroquia. As reunións abertas que se realizan habitualmente os mércores no Multiusos da Xunqueira, trasládanse ao longo do mandato e de xeito periódico ata as parroquias do concello para escoitar e atender, na medida do posible para un grupo da oposición, as demandas, cuestións e inquedanzas da veciñanza. Ademais, ao ser de acceso libre, aqueles veciños e veciñas que asistan poderán aportar aos debates que os membros da agrupación teñan acerca de diversas cuestión da política municipal.

Este mércores 5 de abril achegarémonos á Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, a partir das 20:30h.

Cartaz