AER achégase á súa reunión aberta á parroquia do VISO

Por o 08/08/2017 | Sección: AER,Galicia,Política,Redondela
AER achégase á súa reunión aberta á parroquia do VISO

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) segue neste mandato os encontros coa veciñanza parroquia a parroquia. As reunións abertas que se realizan habitualmente os mércores no Multiusos da Xunqueira, trasládanse ao longo do mandato e de xeito periódico ata as parroquias do concello para escoitar e atender, na medida do posible para un grupo da oposición, as demandas, cuestións e inquedanzas da veciñanza. Ademais, ao ser de acceso libre, aqueles veciños e veciñas que asistan poderán aportar aos debates que os membros da agrupación teñan acerca de diversas cuestión da política municipal.

 Este mércores 9 de agosto achegarémonos á Sociedade de Agricultores do Viso (antiga escola de Tuimil), a partir das 20:30h.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.