AER critica o oportunismo e a falta de información do PP coa suspensión da tirada das bombas de palenque

Publicado por o día 31/05/2018 na sección de AER,Galicia,Política,Redondela

AER critica o oportunismo e a falta de información do PP coa suspensión da tirada das bombas de palenque

O goberno do PP decidiu suspender, segundo eles por “solidariedade coas vítimas” de Tui, a tirada de bombas de palenque que tería lugar o dia 30 ás 12.00 horas co gallo das Festas da Coca de Redondela. Soubemos desta decisión, coa que estamos dacordo, a través da páxina de Facebook do Concello de Redondela:

O que se esqueceron comentar os “Populares de Redondela” é que a empresa encargada da tirada de bombas de palenque era a mesma que causou a traxedia de Tui:

Vista a resolución de alcaldía onde se concede o permiso para este acto esta asinada dous días despois da traxedia de Tui. Traxedia que motivou que a empresa atópese paralizada e o seu responsable en proceso xudicial, parécenos unha actitude do máis mesquiña e un oportunismo político incualificable falar de suspensión do acto por “solidariedade coas vítimas” no canto de contarlle a verdade a veciñanza.