AER presenta unha lista renovada para afrontar as súas terceiras eleccións municipais co obxetivo de gobernar Redondela

Seguindo coa filosofía de renovación da Agrupación, ningunha das 8 persoas que xa foron concelleiros e concelleiras con AER neste mandato aparece entre os primeiros 6 postos.
Por o 09/05/2019 | Sección: AER,Galicia,Política,Redondela
AER presenta unha lista renovada para afrontar as súas terceiras eleccións municipais co obxetivo de gobernar Redondela

Seguindo coa filosofía de renovación da Agrupación, ningunha das 8 persoas que xa foron concelleiros e concelleiras con AER neste mandato aparece entre os primeiros 6 postos.

A candidatura de AER está encabezada por Susana Couñago, Roberto Villar “Beretix”, Daniel Boullosa, Cuni Orge, Carmela Darriba e Manu Vila.

AER acredita na alternancia, polo que tentará de volver renovar a todos/as os seus concelleiros/as a metade de mandato.

Despois de conseguir o apoio da veciñanza, con unhas seiscentas firmas recollidas, AER preséntase ás súas terceiras eleccións municipais de xeito continuado. Este é un feito sen antecedentes en todo o territorio estatal. Nunca antes, unha Agrupación de Electores foi quen de manter a candidatura en tres eleccións consecutivas en ningún concello do Estado. Dentro da lista da Agrupación de Electores de Redondela hai avogadas, mestres e mestras, coidadores, arquiveiras, técnicos de medio ambiente, axentes de seguros, mariñeiros, autónomos, biólogas, traballadores da automoción, etc …

Para estes comicios, AER presenta unha lista renovada. Os once primeiros postos da lista para as eleccións do próximo 29 de maio son:

1. Susana Couñago

2. Roberto Villar

3. Daniel Boullosa

4. Cuni Orge

5. Carmela Darriba

6. Manu Vila

7. Ricardo Figueroa

8. Ana Gesteira

9. Roberto Darriba

10. Camino Alfaya

11. Noé Cano

Obxectivo electoral: gobernar.

AER presentouse por primeira vez en 2011 co compromiso de non apoiar a ningún grupo político distinto de AER. Acadou un concelleiro e cumpriu o seu compromiso de non apoiar a ninguén. En 2015 volveuse presentar co compromiso de non entrar a gobernar con ningún outro grupo, acadou catro concelleir@s e cumpriu o seu compromiso de non gobernar con ninguén.

No transcurso deste mandato, a mediados do 2016, AER entrou en contacto co PSOE de Redondela para estudar a posibilidade de apoiar unha moción de censura do PSOE coa condición, por parte de AER, de non entrar nun goberno de coalición, tal e como prometeu na campaña do 2015. A proposta foi rexeitada.

Despois de oito anos de experiencia, facendo un intenso traballo de oposición, AER considera que xa é momento de gobernar. Para acadar ese ambicioso obxectivo, AER tratará de acadar a maior representación posible co obxectivo de gobernar en solitario, ao observar ao longo destes 8 anos que os partidos políticos de Redondela non son transparentes e traballan rendendo contas á súa xerarquía de partido e non aos intereses da veciñanza. A partir de aí, e sendo conscientes de que o Concello de Redondela precisa cambiar de aires, nun suposto no que os resultados electorais volvesen a favorecer un novo goberno do PP de Javier Bas, AER estudaría as posibilidades para propiciar un goberno alternativo. Poñendo como liñas vermellas a transparencia do goberno do Concello e garantir unha verdadeira participación da veciñanza na xestión municipal. O obxectivo de AER será levar adiante o máximo posible do seu programa.

Expectativas electorais

Aínda que o panorama político actual non é o máis acaído para facer prognósticos, AER está preparada para calquera resultado e para aceptar a decisión soberana da veciñanza. AER considera que os resultados das xerais non se poden extrapolar demasiado a unhas eleccións municipais, que o número de opcións políticas aumentou e que a incerteza é moi alta. Neste sentido, o único que AER pode aportar neste eido é a reflexión de Jorge Varela “Chopi”, histórico membro de AER: “No 2011 fun de número un e sacamos un. En 2015 fun de número catro, e sacamos catro. Este ano vou de número trece, non digo máis…”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.