AER presenta unha moción para comprobar o cumprimento por parte de Aqualia do contrato do servizo de abastecemento de auga e saneamento

O grupo municipal da Agrupación de Electores de Redondela transcorrido un tempo prudencial dende o acordo do pleno no que se determinou denunciar o contrato con Aqualia para o servizo de abastecemento de auga e saneamento
Publicado por o día 25/01/2017 na sección de AER,Galicia,Política,Redondela,Vigo

AER presenta unha moción para comprobar o cumprimento por parte de Aqualia do contrato do servizo de abastecemento de auga e saneamento

O grupo municipal da Agrupación de Electores de Redondela, en base ao artigo 19 do Regulamento Orgánico do Concello de Redondela, presentou a seguinte MOCIÓN, para o seu debate, e no seu caso, aprobación no vindeiro Pleno Ordinario.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Transcorrido un tempo prudencial dende o acordo do pleno no que se determinou denunciar o contrato con Aqualia para o servizo de abastecemento de auga e saneamento.

Considerando a complexidade que require a análise dos datos referidos ao cumprimento de dito contrato.

Entendendo que existen causas suficientes para dubidar dos custes abonados a dita empresa en base a uns compromisos de financiamento de obras que deben ser acreditadas.

A Agrupación de Electores de Redondela propón ao Pleno do Concello de Redondela os seguintes acordos:

1.- Constitución dunha comisión de estudo, formada polos representantes dos grupos políticos así como dos técnicos que se precisen, que determine cando menos:

  1. a) Verificación das inversións comprometidas no contrato.
  2. b) Verificación dos datos de custes e ingresos recibidos nos informes enviados, referidos a gastos e consumos.
  3. c) Actualización de datos de usuarios e planimetría das infraestruturas.
  4. d) Comprobación das inversións para a mellora da EDAR de Redondela.

Una respuesta para "AER presenta unha moción para comprobar o cumprimento por parte de Aqualia do contrato do servizo de abastecemento de auga e saneamento"

  1. Gamela   26/01/2017 at 8:27

    Ese é o camiño que deberan seguir os Tres da Marea de Vigo coa EDAR do Lagares…