AER solicita que Redondela se sume ao recurso contra o transvasamento do Verduxo dirixido contra o Concello de Vigo e Augas de Galicia, presentado polos concellos de Soutomaior e Ponte Caldelas

No pasado pleno ordinario de decembro, a Agrupación de Electores de Redondela (AER) presentou unha moción en defensa do río Verduxo e dos bancos marisqueiros
Publicado por o día 11/01/2018 na sección de AER,Política

AER solicita que Redondela se sume ao recurso contra o transvasamento do Verduxo dirixido contra o Concello de Vigo e Augas de Galicia, presentado polos concellos de Soutomaior e Ponte Caldelas

No pasado pleno ordinario de decembro, a Agrupación de Electores de Redondela (AER) presentou unha moción en defensa do río Verduxo e dos bancos marisqueiros, da que se aprobaron os seguintes puntos:

2º Que o concello de Redondela empregue os seus servizos xurídicos e tódolos mecanismos legais e administrativos existentes para defender os seus veciños e os seus sectores marisqueiros da agresión que suporía este transvase.

3º O concello de Redondela se dirixa a Augas de Galicia, a Presidencia da Xunta e a Consellería de Medio Ambiente esixindo a inmediata paralización deste transvase e a procura de solucións sensatas, ecolóxicas e sostibles para a xestión da auga na nosa contorna.

4º Que o concello de Redondela denuncie á Xunta de Galicia por empregar a vía administrativa de urxencia para impoñer este transvase sen se dar os requisitos na lexislación vixente.

6º Que o concello de Redondela tome as medidas oportunas para que a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Abastecemento, Saneamento e Depuración de Augas Residuais, detecte e acometa de xeito inmediato tódalas actuacións necesarias para a reparación das fugas de auga da rede municipal de abastecemento.

7º Que o Concello de Redondela poña en marcha un Plan de Medidas de Aforro e Consumo Responsábel da Auga, que chegue a edificios públicos, consumidores/as, e diferentes empresas e grandes consumidores de auga.

8º Que o Concello de Redondela, en colaboración coas Comunidades e Traídas de Auga, poña en marcha un Plan de Aforro e Subministración nas diferentes parroquias.” Estes días soubemos que o concello de Vigo e a entidade pública Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) recibirán nos próximos días senllos recursos de anulación dende os Concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior contra o texto do convenio interadministrativo que ambas partes están negociando para executar as obras do transvasamento dende o río Verdugo ao tubo de abastecemento do  sistema de Eiras-Oitavén.

Polo tanto, vimos de solicitar por rexistro ao goberno local que se sume a este recurso presentado polos concellos de Soutomaior e Ponte Caldelas en cumprimento do mandato do pleno (acordo nº 2), así como a información dos pasos dados polo goberno local para dar cumprimento aos acordos aprobados.

Temos que parar esta desfeita que pretenden facer seguindo o tramite de emerxencia, o que supón que non se fará ningún informe sobre o impacto sobre o Verduxo e os bancos marisqueiros dos que viven arredor de 300 familias só no concello de Redondela, sen contar o resto dos concellos da ría.

O goberno local debe dar cumprimento ao mandato do pleno para parar este transvasamento ilegal que incumpre a normativa europea de augas; e de ningunha maneira se pode facer seguindo o trámite de emerxencia. O trámite de emerxencia, segundo a lei de contratos, só se pode dar para situacións extremas. Na propia lei, aclárase que estas situacións son “catástrofes” ou “problemas de seguridade nacional”. Unha seca que nin sequera motivou medidas de aforro serias, non se pode encadrar de ningunha maneira nestas casuísticas. Pero, se isto era unha barbaridade con Eiras ao 38% de capacidade, é directamente un insulto cando Eiras se atopa ao seu máximo de capacidade . Non hai emerxencia e non se pode aplicar este trámite de ningunha maneira.

NON AO TRAVASAMENTO DO VERDUXO!!!!!