AER: “Solicitamos a Augas de Galicia a paralización das obras da senda do Maceiras e informamos de que as obras non se corresponden co proxecto das mesmas”

AER pide a Augas de Galicia a paralización das obras da senda do Maceiras e informa de que as obras non se corresponden co proxecto das mesmas
Por o 14/05/2018 | Sección: AER,Galicia,Política,Redondela
AER: “Solicitamos a Augas de Galicia a paralización das obras da senda do Maceiras e informamos de que as obras non se corresponden co proxecto das mesmas”

Despois de saber pola prensa (diario Faro de Vigo do 1 de maio) que se ían reiniciar as obras, solicitamos por rexistro ao Concello de Redondela a paralización das mesmas ata pasado o mes de xuño; posto que entendemos que se incumpre esta condición recollida na autorización de Augas de Galicia para estas obras:

“5. Os traballos non se poderán executar entre abril e xuño, ambos incluídos, durante o período de reprodución e cría da fauna da foresta.”

Esta solicitude de AER aínda non foi contestada formalmente polo Concello.

O 10 e 11 de maio, Radio Redondela e Faro de Vigo respectivamente publican sendas novas nas que o concelleiro de Medio ambiente do Concello de Redondela afirma que os técnicos de Augas de Galicia avalan o cumprimento da condición mencionada ao non afectar as obras a canle do río.

Na autorización non se fala en ningún momento de que estas condicións sexan só para a canle do río, en todo momento faise referencia á senda no seu conxunto. Tendo en conta ademais que a definición de foresta segundo o diccionario da Real Academia da Lingua Galega é a seguinte:

”Grande extensión de terreo, poboada de maneira natural por unha mesta vexetación arbórea.”

Por todo o anteriormente mencionado entendemos que esta condición non se refire en exclusiva á canle do río.

Visitada a obra por membros da Agrupación de Electores de Redondela atopamos varias actuacións que non se corresponden co proxecto do paseo, polo que enviamos o seguinte escrito a Augas de Galicia:

– A pesar de que a condición particular 5ª prohibe a execución dos traballos entre abril e xuño durante o período de reprodución e cría da fauna da foresta, iso é, interpretado literalmente, que non se executará ningún dos traballos do proxecto paralizándose temporalmente este ata pasado o mes de xuño pois alteraría á fauna da foresta, isto é, a diversa fauna que habita na vexetación arbórea que forma a galería de ribeira do río Maceiras; as obras reanudáronse recentemente neste mes de maio de 2018. Esta reanudación fóra de época supón unha modificación das características da autorización con clave DH.36.58853, polo tal como se indica na condición xeral 3ª, sería preciso autorización previa de Augas de Galicia da que non hai constancia.

– Que no que respecta á construción das escolleras detectouse a construción dunha a maiores das 6 contempladas no proxecto, polo tal como se indica na condición xeral 3ª, ao ser unha modificación das características da autorización con clave DH.336.58853, sería preciso autorización previa de Augas de Galicia da que non hai constancia.

– Que no que respecta á construción das escolleras detectouse que a mampostería na súa maioría non corresponde coa especificada no proxecto, ou sexa, “de pedra tipo silvestre” e que esta na súa totalidade aparecen con barrenos tal como se pode observar nas fotografías anexas. No proxecto de actuacións autorizado indicase no seu apartado 5.2. expresamente que “os muros de contención … serán realizados en pedra tosca, irregular, sen barrenos”, polo que os muros elaborados no río Maceiras non corresponden co proxectado. Ademais, segundo a condición xeral 3ª, ao ser unha modificación das características da autorización con clave DH.336.58853, sería preciso autorización previa de Augas de Galicia da que non hai constancia

Que visto o indicado,

SOLICÍTASE á Dirección de Augas de Galicia,

– A inmediata paralización ata o mes de xullo das obras correspondentes ao proxecto autorizado co clave de expediente DH.36.58853, quedando prazo suficiente para o seu remate ao ser a autorización de 12 meses dende o día seguinte da recepción da resolución da autorización.

– A restitución á situación natural previa da escollera construída non contemplada no proxecto de actuacións autorizado.

– Ao levantamento dos muros de contención construídos cun tipo de pedra non autorizada e con barrenos ao longo das súas caras visibles.

Exif_JPEG_420
Exif_JPEG_420

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.