Afaga Alzheimer ofrece atención individualizada a coidadores e usuarios no seu centro de Vigo

Baixo cita previa, ofreceranse diversos servizos de atención
Publicado por o día 10/06/2020 na sección de Galicia,Vigo

Afaga Alzheimer ofrece atención individualizada a coidadores e usuarios no seu centro de Vigo

Afaga Alzheimer pon en marcha un programa de atención individualizada no Centro de Atención integral de Vigo, situado na Avda. Martínez Garrido, 21. Interior. Baixo cita previa ofreceranse os seguintes servizos:

• Para os familiares, Atención Social, Psicolóxica, Asesoramento Legal e de Produtos de Apoio.

• Para as persoas con demencia: Estimulación Cognitiva e Funcional.

Os profesionais da asociación ofrecerán sesións individualizadas para dar resposta á necesidade que teñen tanto as familias como as persoas con demencia de acceder aos servizos que Afaga Alzheimer prestaba antes da corentena. Desta forma, cubrimos as necesidades máis urxentes de familiares, coidadores e usuarios ata poder retomar a actividade da entidade de forma integral.

Para abrir de novo as portas de Afaga e poder ofrecer este tipo de atención establecéronse un Protocolo de Seguridade e Garantía Sanitaria, segundo as normas do Covid-19.

Doutra banda, Afaga continúa ofrecendo no Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) e tamén a estimulación terapéutica en casa dos usuarios e usuarias que o solicitan.

Teléfono de cita previa ou consultas: 986 22 97 97.

Comentar noticia

Your email address will not be published.