AFAGA e a Fundación Pasqual Maragall imparten grupos terapéuticos para coidadores en Nigrán

Esta iniciativa levouse a cabo grazas a un acordo entre Afaga e a Fundación Pasqual Maragall
Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Galicia,Nigrán

AFAGA e a Fundación Pasqual Maragall imparten grupos terapéuticos para coidadores en Nigrán

Os grupos terapéuticos para coidadores familiares de persoas con alzhéimer ou outras demencias, que imparte Afaga en colaboración coa Fundación Pasquall Maragall, impártense este ano en Nigrán.

Comezarán en abril e realizaranse no Centro de Saúde Val Miñor, na Ramallosa, Nigrán.

Estas sesións terapéuticas teñen como finalidade ofrecer ao coidador as ferramentas necesarias para atender correctamente ao seu familiar enfermo e xestionar ben as súas emocións, é dicir, aprender a facer fronte á enfermidade de Alzhéimer no día a día.

Están dirixidas por unha psicóloga, e validada cientificamente. Os grupos estarán formados por 10 coidadores non profesionais, e a intervención terapéutica divídese en 14 sesións de 90 minutos, unha por semana, máis 6 sesións de seguimento e valoración da evolución.

Nestas sesións exponse temas relacionados coa enfermidade de Alzhéimer, como manexar determinadas situacións que se producen no día a día, a que recursos sociais teñen dereito; e abórdanse aspectos fundamentais como o autocuidado, como xestionar as emocións, a aceptación da enfermidade, técnicas de relaxación, etcétera.

As sesións son gratuítas e o único compromiso que se pide é a asistencia ás mesmas.

Comezan en abril e a data límite de inscrición é o 27 de marzo de 2019.

Máis información no teléfono de Afaga: 986 22 97 97 ou no correo electrónico: [email protected]