Afeccións ao tráfico a motor durante a celebración dos mundiais de tríatlon

As restricións serán o sábado 27, domingo 28, martes 30 de abril; e o xoves 2 de maio e o sábado, 4 de maio.
Publicado por o día 20/04/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Afeccións ao tráfico a motor durante a celebración dos mundiais de tríatlon

Na semana do 27 de abril ao 4 de maio, Pontevedra acolle un dos eventos deportivos mais importantes de Galiza: os campionatos do mundo de tríatlon. A celebración deste campionato levará implícito importantes restricións de tráfico, non só na cidade, senón tamén na zona norte do municipio, especialmente na N-550 e PO-224 (en Verducido e Xeve).

As grandes probas deportivas, pola súa extensión e afección á mobilidade a motor, celebraranse os dous sábados (27 de abril e 4 de maio), co fin de minimizar os efectos que tería nun día de semana.

Sábado, 27 de abril (probas de Dúatlon) mañá e tarde A N-550 (dende avenida Compostela até o lugar de Briadorio (Barro) permanecerá pechada ao tráfico entre as 07:00 e as 10:45 horas, en horario de mañá (neste momento non afecta á zona de Verducido-Xeve).

A partir das 15 horas até as 20:00 volverase pechar a N-550 afectando a Verducido-Xeve, dende Pontillón de Castro até Bordel (PO-224).

No centro da cidade, as rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 21:30 horas, aínda que os percorridos serán distintos entre a xornada da mañá e a da tarde:

• Xornada de mañá (entre as 8 e 15:30 h.) Pai Fernando Olmedo, Pai Gaite, Cruz Vemella, Salustiano Portela Paz, avenida de Bos Aires, Serra, Arcos San Bartolomé, Pai Illa, Gregorio Fernández, Sarmiento, Pasantería, Praza Ferrería, Soportais, Curros Enríquez, Ánimas, Don Gonzalo, Serra e avenida de Bos Aires con meta no Estadio da Xuventude.

• Xornada de tarde (entre as 15:30 e as 21:30 horas). Percorrido: Pai Fernando Olmedo, Pai Gaite, Salustiano Portela Paz, avenida de Bos Aires, Serra, Arcos San Bartolomé, Rúa Pedreira, Praza Pedreira, Don Gonzalo, Sarmiento, Pasantería, Praza Ferrería, Praza Peregrina, Soportais, Curros Enríquez, Real, Sarmiento, San Xulián, Serra e avenida de Bos Aires e con meta no Estadio da
Xuventude.

Sábado 4 de maio (Probas de Tríatlon) mañá e tarde A N-550 (dende Médico Ballina até o lugar de Briadorio (Barro) e na PO-224 (dende Pontillón de Castro até Bordel), permanecerá pechado ao tráfico entre 07:00 horas e as 16:30 horas.

No centro da cidade, as rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 20:00 horas, afectando ás seguintes rúas:

Percorrido: Pai Fernando Olmedo, Pai Gaite, Salustiano Portela Paz, avenida de Bos Aires, Serra, Arcos San Bartolomé, Rúa Pedreira, Praza Pedreira, Don Gonzalo, Sarmiento, Pasantería, Praza Ferrería, Praza Peregrina, Soportais, Curros Enríquez, Real, Sarmiento, San Xulián, Serra e avenida de Bos Aires con meta no Estadio da Xuventude.

Tanto o sábado 27 de abril como o 4 de maio, queda totalmente prohibida a carga e descarga de mercadorías.

Na estrada N-550 habilitarase, en varios puntos, carrís de circulación co fin de que os veciños da zona teñan a maior mobilidade posible, aínda que, algúns, pola dificultade de habilitar estes carrís, terán que deixar os seus vehículos estacionados en lugares próximos que lles permitirá acceder a distintas vías de conexión coa cidade ou outros destinos.

O mercado de abastos estará aberto os dous sábados, permitíndose tanto a mobilidade a pé como en vehículo a motor (o aparcadoiro da zona monumental tamén estará operativo).

As outras probas deportivas celebraranse:

Domingo 28 de abril. Probas de Dúatlon Junior e Paratríatlon.

De 09:00 a 13:00 horas. Ao celebrarse o día das eleccións xerais, as probas realízanse no ámbito do río Lérez (avenida Bos Aires), polo que non afectará á circulación agás aos veciños de Rúa Pozo e Roxa.

Martes 30 de abril (Tríatlon Cros)

Afectará á zona do río na fase de natación; á avenida de Bos Aires (entre Ponte dos Tirantes e Ponte das Palabras) na carreira a pé; e á proba de bicicleta que afectará especialmente á zona de Lérez–Verducido. O paso da Illa do Cobo cara o Pontillón de Castro obriga ao peche da estrada PO-213 á altura do cruzamento do lugar do Outeiro, na parroquia de Lérez.

O corte da PO-213, entre as 12:30 e 19:30 obrigará aos veciños e usuarios da vía (A Piolla, O Couso, Gatomorto, Verducido, O Outeiriño, Santa María de Xeve e San Andrés de Xeve) a utilizar, como entrada e saída, a estrada dirección Bora (PO-224).

Os veciños de O Castelo, A Piolla, Casal Novo, O Arco, terán acceso libre cara a cidade de Pontevedra.

Xoves 2 de maio.

Acuatlon (carreta a pé e natación), entre as 15 h. e as 18 h. Estas probas non afectan á mobilidade da cidade, celébranse na zona río Lérez e na Avenida de Bos Aires, entre Ponte dos Tirantes e Ponte das Palabras.

Comentar noticia

Your email address will not be published.