Afectados por intoxicación tres membros dunha familia en Vilalba, un deles trasladado

Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Sucesos

Afectados por intoxicación tres membros dunha familia en Vilalba, un deles trasladado

Tres membros dunha familia foron evacuados esta mañá polos servizos sanitarios de urxencia con síntomas de intoxicación.

O suceso aconteceu no seu domicilio particular, no lugar de Carballal, na parroquia de Vilapedre do concello lucense de Vilalba.

As causas están por determinar, aínda que todo parece indicar, que unha plantación de lodos de Biogás nas inmediacións da vivenda, pode ser a causa que provocou a intoxicación. Ademais, segundo se lle informou ao 112 Galicia, no lugar, tamén  permanecían tirados polo chan diversos animais.

Tras recibir o aviso, ao fío das 12:00 horas deste mediodía, o 112 Galicia informou da situación aos Bombeiros de Vilalba, Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, persoal sanitario comunicou ao 112 Galicia que unicamente unha das persoas tivo que ser trasladada ao Hospital lucense, os outros dous afectados, foron atendidos polos profesionais sanitarios no mesmo lugar dos feitos.