Aforro enerxético do 80% no Centro de Saúde de Mos grazas á tecnoloxía led

O Concello ven de cambiar na última semana tódalas lámpadas alóxenas por leds
Por o 15/03/2017 | Sección: Galicia,Medio Ambiente,Mos,Vigo
Aforro enerxético do 80% no Centro de Saúde de Mos grazas á tecnoloxía led

O Concello de Mos ven de acometer unha obra de mellora da iluminación interior do Centro de Saúde. Así o informaron hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro.

Os traballos, que se prolongaron durante unha semana e xa están rematados, consistiron na subsitución por lámpadas de tecnoloxía led das lámpadas alóxenas de tódalas estancias do Centro, agás das consultas.

As lápadas substutuídas foron un total de 150 alóxenos de 50W que iluminaban corredores, distribuidores, a recepción, salas de espera, almacéns etc. No seu lugar instaláronse luminarias led de 7W que reducirán nun 80% o consumo de luz do Centro de Saúde.

A substitución realizouse nas zonas prioritarias, xa que as consultas médicas atópanse dotadas de lámpadas fluorescentes que teñen un consumo inferior ás alóxenas; se ben, tal e como anunciaron Arévalo e Cebreiro, as consultas dotaranse tamén nun futuro de tecnoloxía led, para así completar a instalación de iluminación interior con leds no Centro de Saúde.

“Deste xeito o Concello de Mos continúa a apostar polo aforro, a eficiencia enerxética e o coidado do medio ambiente”, tal e como declararon a rexedora local mosense e a edil de Política Social.