Afundación acolle o novo espectáculo de Raúl Pérez en Santiago de Compostela e Vigo

Raulidad virtual poderase ver o venres 13 de setembro no Auditorio ABANCA e o sábado 14 de setembro no Teatro Afundación de Vigo
Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Santiago,Vigo

Afundación acolle o novo espectáculo de Raúl Pérez en Santiago de Compostela e Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará nas cidades de Santiago de Compostela e de Vigo a nova proposta humorística de Raúl Pérez, Raulidad virtual. Poderase ver o venres 13 de setembro, ás 20.30 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, e o sábado día 14, a partir das 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

RAULIDAD VIRTUAL, DE RAÚL PÉREZ

«Chega a España o produto máis revolucionario desde o desenvolvemento do smartphone. Presentámoslles as LRV, Lentes de Raulidade Virtual». Con esta entrada introdúcese un espectáculo que xoga a presentar a realidade tal e como é e non como a intentan disfrazar desde os medios de comunicación, a política, os vídeos de You Tube, etc, e todo iso co humor como obxectivo esencial. Raúl Pérez é o encargado de explicar como funcionan as LRV, e o que empezará como unha presentación ao estilo Steve Jobs acabará sendo unha terapia contra o aburrimento e el conformismo. Personaxes televisivos, xornalistas, políticos, deportistas, influencers, cantantes, estrelas de cine…, todos se dan cita nun espectáculo interactivo no que Raúl Pérez dará renda solta a todos os seus talentos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.