Afundación en casa presenta na súa sección «ABANCA e IESIDE asesoran» a conferencia de Jaime Pérez Martín-Gaitero, profesor de IESIDE

«Sostibilidade, e agora que?» é o título da charla que se emitirá mañá, martes 7 de abril, en Afundación en casa
Publicado por o día 06/04/2020 na sección de Galicia,Vigo

Afundación en casa presenta na súa sección «ABANCA e IESIDE asesoran» a conferencia de Jaime Pérez Martín-Gaitero, profesor de IESIDE

Afundación en casa presenta unha nova píldora informativa enmarcada na sección de «ABANCA e IESIDE asesoran». Mañá, martes 7 de abril, está programada a charla «Sostibilidade, e agora que?» que impartirá o profesor titular de IESIDE Jaime Pérez Martín-Gaitero.

Nesta charla abordarase a posible situación dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible despois da pandemia, a imperiosa necesidade de os acadar en 2030 e das oportunidades que se abren á sociedade para percorrer este camiño.

Establecidos pola ONU en 2015 baixo o título «Transformar o noso mundo: a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible», os ODS concíbense como un plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade. Estes obxectivos desenvólvense arredor de temas clave como son a pobreza, a saúde ou a educación. Os ODS xa non están só nas axendas das ONG e os gobernos, senón que pasaron á primeira liña dos negocios, como o demostran os novos requisitos legais para asegurar a sostibilidade do sector financeiro: reorientación dos fluxos de capital cara a investimentos sostibles, integración da sostibilidade na xestión de riscos, fomento da transparencia e o largopracismo nas actividades financeiras e económicas.

«Afundación en casa» «Afundación en casa» é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios. Deste xeito, a Obra Social de ABANCA segue poñendo á disposición da cidadanía os seus proxectos culturais, sociais e formativos, mantendo o mesmo nivel de esixencia. En la sección «ABANCA e IESIDE asesoran» se proporciona, por una parte, información ás PEMES, aos autónomos e a quen, desde o ámbito da actividade que desenvolven, teñan dúbidas sobre as medidas ou os recursos ao seu alcance ante a situación de excepcionalidade provocada polo virus COVID-19.

Tamén están dispoñibles os recursos de IESIDE como masterclasses, conferencias ou foros, así como o acceso a unha biblioteca online onde se poderá atopar un gran número de publicacións dixitalizadas dos ámbitos económico e financeiro, esencialmente. Desde o pasado día 12 de marzo, a docencia en IESIDE impártese de xeito interactivo a distancia. A avanzada tecnoloxía da plataforma online de IESIDE foi recentemente desenvolvida e implementada para poder conducir as sesións de todos os programas de forma dixital e por vídeo sincrónico, de modo que os estudantes poden recibir a formación interactiva nos seus propios domicilios, coa mesma calidade que en modalidade presencial, mantendo así o habitual ritmo de traballo académico.