Afundación renovará a partir da próxima semana as propostas de teatro para escolares que, tendo en conta a situación excepcional provocada pola pandemia da COVID-19, represéntanse sen público no Teatro Afundación de Vigo e que os escolares poderán seguir en directo desde a aula. Así mesmo, ademais de ver en vivo a representación que se estará realizando nese momento no escenario do Teatro Afundación, os escolares poderán participar posteriormente nun coloquio en liña con parte do elenco da compañía no que poderán escoitar as súas impresións e formular as súas preguntas a través dun chat. Todas as actividades chegan aos centros educativos a través dos directos de Afundación TV, previa inscripción aquí. O obxectivo é ofrecer aos docentes un programa con contidos interesantes e adaptables aos diferentes escenarios que se poidan presentar durante este curso.
A programación iníciase o vindeiro martes 2 de febreiro coa representación ás 10.00 h de Weird Stuff, de On Stage Company, dirixida a 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A obra, representada en inglés, está baseada na exitosa serie de televisión Stranger Things. Representarase sen público no Teatro Afundación de Vigo e os escolares rexistrados poderán seguila en directo por streaming desde os seus pupitres a través de Afundación TV.
A seguinte cita será o mércores 3 de febreiro, ás 10.00 h con The Final Game de On Stage Company, dirixida a escolares de 5º e 6º de primaria. A proposta, en inglés, é unha experiencia práctica e divertida para ampliar os coñecementos do idioma a través dunha aventura cibernética entre heroes de libro e viláns de videoxogo na que compiten tradición e modernidade: celulosa ou silicio, marcapáxinas ou joysticks.
As propostas para este primeiro trimestre de 2021 inclúen, ademais, as obras Os tres osos de L’ estaquirot Teatre; Labirinto, de Nautilus e O ritmo dos tempos 21.0, de Percuseve. Co convencemento de que agora máis que nunca os nenos e nenas en idade escolar deben contar coa proximidade das artes, a cultura e a formación multidisciplinar como canle para o crecemento persoal e o desenvolvemento social, e, ao mesmo tempo, o corpo docente, con novas ferramentas e apoio para afrontar o cambio de paradigma no labor da docencia derivado da crise sanitaria actual, o equipo da área Educativa de Afundación, a Obra Social de ABANCA, deseñou unha completa e innovadora programación de actividades educativas para el curso 2020-2021, adaptada á nova normalidade xa que incide especialmente na posibilidade de participar nas propostas sen necesidade de saír da aula. A oferta ten como obxectivo reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas, como unha ferramenta que complemente os programas curriculares dos centros escolares e fortaleza dimensións tan imprescindibles como a cultural, social e ética.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.