Afundación presenta en Santiago, Vigo e Pontevedra o Gran Concerto de Ano Novo Johann Strauss

Poderase ver o 27 de decembro no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, o día 29 no Teatro Afundación de Vigo e o 3 de xaneiro na Sede Afundación de Pontevedra
Publicado por o día 19/12/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Afundación presenta en Santiago, Vigo e Pontevedra o Gran Concerto de Ano Novo Johann Strauss

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra o Gran Concerto de Ano Novo Johhann Strauss a cargo da Strauss Festival Orchestra e a compañía Strauss Festival Ballet Ensemble. Poderase ver o venres 27 de decembro no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela; o domingo 29 de decembro no Teatro Afundación de Vigo e o venres 3 de xaneiro no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra, todos eles ás 20.30 h. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

O programa está inspirado na tradicional cita musical que cada ano se celebra en Viena e inclúe obras como Napoleón, Festa das flores, O valse do emperador, Champagne, O Danubio azul ou a Marcha Radetzky que adoita pechar a velada.

Esta produción recibiu grandes ovacións nas grandes salas de toda Europa: no Musikverein de Viena, Concertgebouw de Ámsterdam, a Philarmonie de Berlín, o Musikhalle de Hamburgo, o Auditorium Parco della Musica de Roma, o Gran Teatre del Liceu ou o Palau de la Música de Barcelona, o Teatro Real e o Auditorio Nacional da Música de Madrid, entre outros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.