Afundación presenta en Vigo o seu novo libro de cociña para nenas e nenos

Publicado por o día 22/12/2014 na sección de Cultura

Afundación presenta en Vigo o seu novo libro de cociña para nenas e nenos

– Ademais da rolda de prensa, haberá un obradoiro de cociña para o que os nenos e nenas presentes elaboren unha das receitas do libro.

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presentará mañá en rolda de prensa a súa nova publicación dirixida ao público infantil, Pepa e Rufo na cociña, coeditada con Crispis. O libro, consistente tamén nun caderno de traballo, presenta unha serie de receitas para que os máis cativos da casa poñan en práctica e perfeccionen as súas habilidades culinarias. A rolda de prensa comezará ás 10.00 h na aula de cociña da Sede Afundación en Vigo (r/ Policarpo Sanz, 26) e contará coa presenza de Laura Gómez Lorenzo, responsable de publicacións de Afundación;

María Temes Méndez, técnica de cultura de Afundación; Adriana del Río, cociñeira e monitora dos cursos de Afundación; e Carlos Pereiro Feás, da editorial Crispis.

Actividade: Rolda de prensa da presentación do libro Pepa e Rufo na cociña

Data e hora: Martes, 23 de decembro de 2014 ás 10.00 h

Lugar: Aula de cociña da Sede Afundación en Vigo (r/ Policarpo Sanz, 26)

Asistentes:

Laura Gómez Lorenzo, responsable de publicacións de Afundación

María Temes Méndez, técnica de cultura de Afundación

Adriana del Río, cociñeira e monitora dos cursos de Afundación

Carlos Pereiro Feás, da editorial Crispis

PRENSA AFUNDACION