Afundación presenta no Auditorio Teatro Afundación de Vigo a obra de teatro Osiño dirixida a escolares de infantil

As representacións serán do día 13 ao 17 de febreiro con dúas funcións diarias, ás 10.00 h e ás 12.00 h.
Por o 10/02/2017 | Sección: Cultura,Educación,Vigo
Afundación presenta no Auditorio  Teatro Afundación de Vigo a obra  de teatro Osiño dirixida a escolares  de infantil
Compartir en:

Máis de 4.200 alumnas e alumnos de 62 centros escolares de Vigo e arredores gozarán desta obra da compañía teatral Trompicallo.

Afundación presenta a obra de teatro Osiño, da compañía teatral Trompicallo, no Auditorio Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As representacións serán os días 13, 14, 15, 16 e 17 de febreiro con dúas funcións diarias en horario de 10.00 h e 12.00 h da mañá.

Máis de 4.200 alumnas e alumnos de educación infantil de 62 centros escolares de Vigo e comarca acudirán a ver esta obra de monicreques en galego.

Osiño, da compañía Trompicallo

A vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións.

Neste lugar vive Osiño coa súa nai e alí pasarán un inverno en que Osiño terá moito frío, ata que consiga aprender o que un oso debe facer para protexerse e poder xogar coa neve. Na primavera aparecerá o avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa nai de pequena coñecera un paporrubio. Polo verán darán un longo e fantástico paseo nocturno para levarlle á súa nai un anaco de queixo moi especial. E no outono celebrarán o seu aniversario cos seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos.

A proposta está enmarcada dentro das actividades educativas extracurriculares para escolares programadas para o curso 2016-2017 que teñen como obxectivo reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. Así, a programación deseñada por Afundación promove unha educación en competencias transversais que potencian nos estudantes o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, o autoestima ou o traballo en equipo.

A vindeira actividade no Auditorio Teatro Afundación de Vigo enmarcada dentro desta programación para escolares terá lugar do 6 ao 10 de marzo coas sesións de concerto de Mamá Cabra, Paxaro amigo. Músicas para a paz.