Afundación presenta no seu Teatro de Vigo o humor de Quequé, Ignatius e David Broncano

La vida moderna é o título dun show onde a comedia se atopa en estado puro.
Por o 20/01/2017 | Sección: Cultura,Eventos,Vigo
Afundación presenta no seu Teatro de Vigo o humor de Quequé, Ignatius e David Broncano
Compartir en:

Afundación presenta no seu Teatro de Vigo o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 20.30 h o espectáculo de humor protagonizado por Quequé, Ignatius e David Broncano titulado La vida moderna. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais de Afundación, en Ataquilla.com ou no teléfono 9802 504 500.

As orixes do que os seus protagonistas definen como un espectáculo «non apto para cardíacos» deben procurarse no ano 2014 cando a emisora de radio Cadena Ser confiou en David Broncano para dirixir un novo programa. O presuposto era tan exiguo que só puido contratar «dous señores maiores con problemas co alcohol: Quequé e Ignatius», comentan con evidente humor negro.

Contra todo prognóstico, o que comezou sendo un programa especial para a tempada estival acabou converténdose nun espazo diario que acabou por derivar na creación dun espectáculo de humor, La vida moderna, que presentan xa nos escenarios.