Afundación TV emite mañá en directo un coloquio sobre os retos educativos de 2021

Terá lugar ás 17.30 h e conta coa participación de dous dos gañadores dos Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de España, LLuis Bonet e Lourdes Jiménez
Publicado por o día 18/01/2021 na sección de Educación,Eventos,Formación

Afundación TV emite mañá en directo un coloquio sobre os retos educativos de 2021

Afundación TV emitirá mañá en directo, a partir das 17.30 h, o coloquio «Gamificación e Innovación, o reto educativo de 2021», no que Lluis Bonet e Lourdes Jiménez, gañadores dous Premios EDUCA ABANCA na edición de 2019, abordarán onuevo contexto da educación no marco da celebración o próximo 24 de xaneiro do Día Internacional da Educación. O coloquio, moderado por Clara Cordero, experta en aprendizaxe de participación social e comunicativa, está dirixido a toda a comunidade educativa e especialmente aos docentes. É de acceso libre e gratuíto e poderá seguirse, previa inscrición, na seguinte ligazón.

OS RELATORES

Lourdes Jiménez García

Mestra e escritora. Autora de libros educativos e contos infantís. Articulista, formadora e conferenciante nacional e internacional. Diplomada en maxisterio e licenciada en ciencias do deporte. Premiada como mellor mestra de España na categoría de educación primaria, premios EDUCA ABANCA, es Premio Bandera de Andalucía. Lourdes Jiménez aposta polo xogo como ferramenta pedagóxica estrela e polo que ela denomina APV (aprendizaxe para a vida) facendo prácticos todos os contidos teóricos para conseguir unha aprendizaxe significativa a través do aprendizaxe servizo e a acción social solidaria. É así mesmo colaboradora do programa educativo «Aprendemos en Clan», emitido por CLAN TV.

Lluís Bonet Juan

Licenciado en CC Matemáticas pola Universidade de Valencia, é profesor de secundaria no IES Mare Nostrum de Alacante e profesor-titor na UNED/UNED de Dénia-Benidorm. Nas súas aulas desenvolve proxectos de matemáticas aplicadas co apoio das TIC, algúns dos cales foron recoñecidos con diferentes premios: Premio Joan Ponsoda de Innovación Educativa 2017, eTwinning European Quality Label 2018 e 2020, premios vídeoMAT en 2018 e en 2019, II Certame de Estatística do Mediterráneo 2018, ou o máis recente o Premio EDUCA ao mellor docente de España 2019 de Secundaria e Bacharelato.

Autor de varios libros, publicou tamén diversos artigos sobre didáctica das matemáticas e o uso das TIC na aula nas revistas UNO, SUMA, EPSILON, UNION ou CASIONEWS. É membro da SEMCV e colaborador coa FESPM e CASIO no grupo de traballo sobre implementación da calculadora na aula como recurso didáctico e a creación de materiais.

Clara Cordero

Consultora, asesora e deseñadora de experiencias de aprendizaxe de participación social e comunicativa. Forma docentes, coordina proxectos e xestiona comunidades de aprendizaxe ( gamifica a túa aula, escape room edu, espazos educativos, visual thinking en educación ou videoxogos en educación). Dedicada especialmente ao campo da gamificación, o visual e visible thinking, a competencia dixital e o desenvolvemento de contornas e espazos de aprendizaxe creativos, Clara Cordero desenvolve o seu labor en diversas institucións, organizacións educativas ou cun enfoque formativo, moitas delas enfocadas ao e- learning ( INTEF, UCM, UFV, UE, LEA…) Centrada na innovación educativa e sempre desenvolvendo procesos activos que poidan mellorar a calidade e eficacia do ensino, escribe en Agora Aberta e fundou Agora Virtual, un ecosistema de aprendizaxe en liña.