AGAELA agradece o apoio recibido na celebración da 1ª Gala Solidaria pola ELA celebrada esta fin de semana

A organización logrou reunir 1225 euros que destinará para a compra de camas articuladas e cadeiras de ducha

Onte no Auditorio de Goián, tivo lugar a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica), coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.

José Manuel Pereira “Nel”, tomiñés afectado por esta enfermidade, impulsou esta Gala Solidaria pola Ela, cuxa recadación íntegra (1225 euros) irá destinada a adquirir camas articuladas e cadeiras de ducha para persoas que sofren esta doenza. Pereira quere dar visibilidade a esta doenza que padecen en España máis de 4.000 persoas, abandeirado co seu lema: “La ELA existe, pero nosotros delante y la ELA detrás, siempre”.

A cita contou coa presentación da actriz moañesa Anabel Budiño, da compañía Moito Morro Teatro, e a actuación do Grupo de Acordeóns Helios, do Coro Passionato e da Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio; rematando cun desfile solidario, grazas a varias casas comerciais.

AGAELA quere agradecer a participación e apoio de todas as persoas e institucións e casas comerciais que prestaron a súa colaboración para mellorar a calidade de vida dos afectados por esta enfermidade na nosa comunidade autónoma.

Fotos da gala

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM