Despois de un longo período de parálise e tras un recente proceso de renovación dos órganos de dirección (Xunta Directiva), esta asociación nacida para a defensa da Galiña Piñeira modifica os seus estatutos e fixa a súa sede en Arzúa.
AGALPI asocia a criadores e amantes da Galiña Piñeira de toda Galicia, naceu fai case 20 anos e froito, en gran parte, do traballo realizado nos seu día polo veterinario Jesús García, máis coñecido como Suso.
Suso Gracía, localiza os primeiros exemplares, desta raza de orixe celta, na comarca de Arzúa e grazas o seu traballo de investigación evita que a raza se extinga, nacendo, posteriormente, AGALPI.
AGALPI, dende a súa creación, sempre loitou para que se recoñecera esta raza como autóctona galega. Sinatura que segue pendente e que, máis pronto que tarde, esperan acadar os novos membros que forman a Xunta Directiva. Xunta presidida por Daniel Fernández, vicepresidenta Carmen Barral, secretaria Ana Eiras, tesoureiro Carlos Magadán, e como vogais José Ramón Cillero e José Antonio Pose.
Asemblea o 7 de abril no Recinto Feiral Terra do Queixo
Para a captación de novos socios, e, tamén, dar a coñecer o traballo feito, ata o momento, e programación futura, a nova directiva fixou a próxima asemblea para o domingo 7 de abril no Recinto Feiral Terra do Queixo de Arzúa.
Por outra banda, tamén, anuncian que xa mantiveron un primeiro contacto co alcalde de O Pino, Manuel Taboada, coa intención de celebrar o primeiro monográfico da raza piñeira na Festa do Galo que se celebra todos os anos na primeira fin de semana do mes de agosto.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.