AGAMFEC Entrega miles de sinaturas por unha Atención Primaria digna

Publicado por o día 18/01/2019 na sección de Sanidad

AGAMFEC Entrega miles de sinaturas por unha Atención Primaria digna
O 18 de xaneiro, o presidente de AGAMFEC Jesús Sueiro, entregou en Rexistro máis de 14.700 firmas recollidas a través de Change. org en Apoio e Solidariedade cos XEFES DE SERVIZO de Centros de Saúde da área de VIGO DIMITIDOS.
A entrega de firmas, dirixidas ao Conselleiro de Sanidade, produciuse despois da reunión da Consellería de Saúde do Sergas cos xefes dimitidos e unha primeira proposta de accións a levar a cabo para a mellora da atención primaria.
É impresionante toda a solidariedade recibida, agradecemos a todos os asinantes o seu apoio a esta petición; aínda non é unha causa conseguida, faltan feitos e non só palabras, seguiremos loitando para facer realidade unha OPE co 100% de prazas vacantes, 25% do orzamento de Sanidade como indica a OMS, 100% de substitucións, 12 minutos por paciente, contratos de calidade, PACs con condicións laborais dignas… e o fin de consultas saturadas.
Xuntos lograremos unha Atención Primaria Digna.