AGE Vigo presentou no día de hoxe unha enmenda á totalidade dos orzamentos municipais pedindo a súa devolución ao pleno

Publicado por o día 28/05/2014 na sección de AGE,Política

AGE Vigo presentou no día de hoxe unha enmenda á totalidade dos orzamentos municipais pedindo a súa devolución ao pleno

PARA AGE O ORZAMENTO FALLA NOS PRINCIPIOS DE TRANSPARENCIA E DEFENSA DO PÚBLICO E PIDE UNHA NOVA REDACCIÓN.

As forzas que compoñen Alternativa Galega de Esquerda en Vigo presentaron no dia de hoxe enmendas ós orzamentos municipais no Concello de Vigo, solicitando a devolución do proxecto de orzamentos do Concello para o 2014, baseadas en criterios de xestion pública, transparente e participativa.

O contido das enmendas céntrase en duas bandas. Por unha , no aumento non xustificado de dotacions económicas tanto a empresas concesionarias (Vitrasa, Aqualia…) , como a empresas privadas sen concurso para partidas de “humanizacions”, en vez de consignar estos importes a melloras en ruas e espazos públicos; facendo especial fincapé na non inclusion das bases de execucion de fórmulas de control público dos contratos de obra menor (menos de 20.000 euros).

Enmendase tamén a dotacion de axudas a compañías aéreas privadas que non repercute nos servizos prestados (frecuencias e prezos dos voos).

Pola outra banda, inclúense enmendas baseadas na existencia de partidas novas de carácter social, que sumadas diminúen considerablemente o importe do plan de compensación contra a crise (3.200.000 euros), así como a reducción dun 14 % na partida consignada a centros cívicos.

Destacamos especialmente a non existencia de fórmulas de participación cidadá na elaboracion dos orzamentos, e entendemos que a presencia de estas fórmulas deberia ser o eixo transversal na propia elaboracion dos orzamentos, tal e como o facemos constar no contido das enmendas presentadas.

PRENSA AGE VIGO