Agora arde Cualedro con vento e a máis de 30º

Extinguido o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que segundo as últimas medicións afectou unha superficie de 26,05 hectáreas
Publicado por o día 29/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Agora arde Cualedro con vento e a máis de 30º

Novo incendio en Cualedro, na parroquia de San Millán, nunha xornada na que Ourense está en alerta amarela, co termómetro a máis de 30 graos. Veciños da zona alertan de que o vento empezou a soprar con certa intensidade.

Na extinción das chamas, que se iniciaron ás 14.15 horas deste mércores, traballan tres avións, tres helicópteros, sete brigadas, dous axentes, tres motobombas e unha pa, segundo informa Medio Rural.

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Quiroga

Extinguido ás 13,28 h. desta tarde o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que se orixinara ás 2,47 h. da madrugada de onte. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 26,05 hectáreas, das cales 10,09 son arboradas e 15,96 de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 4 axentes, 16 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 3 avións.

Monterrei

Tamén segue controlado desde as 11,52 h. de onte o lume do concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, que se iniciara o pasado venres. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para a extinción deste incendio lévanse mobilizado 4 técnicos, 33 axentes, 86 brigadas, 35 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.