Agrediuna suxeitándoa polo pelo e comezando a golpeala na cabeza

Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Agrediuna suxeitándoa polo pelo e comezando a golpeala na cabeza

Este suceso tívose coñecemento este pasado sábado, mediante unha chamada anónima, á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, ás 15:42 horas.

A chamada informaba sobre unha agresión, agresión que se produciu de madrugada.

Os axentes conseguiron o teléfono da suposta vítima para entrevistarse con ela e verificar a denuncia formulada.

Logrando contactar con; A. C. P, de Vigo e 44 anos de idade, que lles manifestou que tiña relación e convivía desde facía 4 anos cun home, co que tivera un fillo.

A relación habíase ido resentindo, e levaban un tempo facendo vida por separado na propia vivenda.

Esa mesma madrugada, no transcurso dunha discusión, o home agredíraa suxeitándoa polo pelo e comezando a golpeala na cabeza.

Tras ese acto, o home foise da vivenda, relatou que sufrira varias agresións en días anteriores, como consecuencia das cales tiña negróns por todo o corpo.

Foi trasladada, a petición propia a un centro médico, facilitando o teléfono do home co que os axentes se comunicaron.

Voluntariamente trasladouse a dependencias Policiais e recoñeceu discutir coa muller, aínda que puntualizou que a agresión foi mutua.

Por estes feitos, os actuantes procederon á detención de; M. C. S, de Vigo e 37 anos de idade, pola Comisión dun Delito de Violencia de Xénero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.