Opositores ao goberno venezolano increpan a un artista en Compostela

Publicado por o día 31/07/2017 na sección de Galicia,Santiago,Sucesos

Opositores ao goberno venezolano increpan a un artista en Compostela

No día de onte, 30 de xullo, ás 18:00 horas, no transcurso dunha concentración convocada pola oposición ao goberno lexítimo de Venezuela, tivo lugar un acto de agresión a un artista que tiña o permiso regulamentario para comezar á mesma hora. Despois de agardar pacificamente os 15 minutos que supostamente duraría a concentración, e animado polo público que se citou alí para presenciar a súa actuación, comezou con esta, sendo varias veces increpado, e véndose obrigado a interromper constantemente o seu traballo.

Tras tres cuartos de hora de retraso, intentouno de novo, pero veuse sorprendido polo grupo de alborotadores que, a voz en grito, rodeárono pegándolle patadas nas pernas e conminándoo a que se fora de alí, todo iso diante da policía que aplacou os ánimos con moita tibieza cara aos violentos, impedindo a este artista desenvolver o traballo na praza, para o que estaba debidamente documentado.

O pasado día 25, nunha manifestación convocada pacíficamente por AGABO (Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez) para defender o dereito do goberno de Venezuela a convocar eleccións á “Costituyente”, os mesmos grupos ameazantes que hoxe estaban en Praterías, se dedicaron, sen permiso oficial de concentración, e vulnerando o dereito fundamental de expresión, a insultar e vociferar aos que estaban na Praza do Toral, creando momentos de tensión que provocaron a intervención da policía. En ningún momento foron identificados.

Unha vez máis, hoxe, en plena Praza de Praterías, ateigada de xente que acudía a diversos eventos programados polas festas de Santiago de Compostela, estes grupos incontrolados demostraron o seu carácter violento, capaz, como queda dito, de agredir fisicamente a calquera persoa que se opoña aos seus intereses.

15 Respuestas a "Opositores ao goberno venezolano increpan a un artista en Compostela"