Agriden a unha persoa que durmía nun caixeiro

Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Agriden a unha persoa que durmía nun caixeiro

Este suceso tivo lugar este martes ás 10:18 horas cando se rexistrou unha chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policia Local.

A persoa que chamou, informou, que se atopou a unha persoa maior chorando nun banco da rúa, na zona do antigo Hospital Xeral.

Cando se lle preguntou, o citado manifestou que esa noite estaba a durmir nun caixeiro e agredíano.

Solicitouse unha ambulancia no punto, e esta persoa foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro para ser tratada das súas lesións.

Posteriormente realizáronse xestións con responsables da entidade bancaria ao obxecto de acceder á gravación de imaxes e identificar aos presuntos autores da agresión.