Agriden a unha traballadora do despacho de billetes de Renfe en Pontevedra

Desde o día 1 de Xuño 2017 Renfe reduciu o persoal de persoal de venda de billetes da Estación de Pontevedra a case a metade empeorando o servizo e xerando episodios de tensión entre os usuarios e os traballadores
Publicado por o día 12/07/2017 na sección de CC.OO,Sindicatos,Sucesos

Agriden a unha traballadora do despacho de billetes de Renfe en Pontevedra

Desde o día 1 de Xuño 2017 Renfe reduciu o persoal de persoal de venda de billetes da Estación de Pontevedra a case a metade empeorando o servizo e xerando episodios de tensión entre os usuarios e os traballadores. Ao final ocorreu o inevitable: o pasado 1 de xullo de 2017, unha traballadora da estación de Pontevedra sufriu unha agresión física, que requiriu a intervención das forzas de orde pública.

Os cidadáns de Pontevedra están a sufrir serias discriminacións por parte da empresa pública RENFE, que se resumen na precariedade na prestación do servizo de venda de billetes información e atención do cliente. A empresa pública RENFE, en data 1 de Xuño 2017, acordou reducir case ao 50% o persoal de persoal da Estación de Pontevedra.

A imaxe que exhibe o centro de viaxes de RENFE na capital da provincia é a de permanentes colas de clientes, soportando esperas máis aló do razoable antes de poder ser atendidos; observamos que os clientes ante esta situación anómala ven abocados a acceder ao tren sen o preceptivo “BILLETE”, e a adquirilo posteriormente no tren con recarga. Moitos trens circulan sen persoal comercial a bordo por falta de persoal e os viaxeiros viaxan sen a cobertura do seguro por dano ou accidente.

As carencias descritas, aínda que son xerais para toda a canle de venda de billetes presencial en Galicia, son máis acusadas na Estación de Pontevedra, realidade corroborada polo maior número de incidencias producidas, reiteradas queixas, longas esperas, acceso dos clientes ao tren sen billete e a crispación consecuente. Algúns políticos como deputados autonómicos que utilizan habitualmente estes servizos, non son alleos a esta situación de prexuízo e, do mesmo xeito que os demais usuarios, tamén presentaron as súas queixas e comprometéronse a realizar xestións conducentes á corrección desta grave situación nunha entidade pública como é Renfe, pero os seus esforzos e dos cidadáns que usan o servizo ferroviario de Pontevedra, de momento, sempre tropezou coa actitude remisa e evasiva da empresa ferroviaria que non achega ningunha solución para corrixir esta situación.

Como xa viña anunciando os representantes do persoal de Comisións Obreiras, esta decisión de redución de persoal e precarización do servizo, terían consecuencias non só nunha deficiente atención aos cidadáns de Pontevedra, ofrecendo unha calidade de servizo inferior a outras estacións da provincia, se non tamén advertiron sobre o risco de episodios de tensión entre os usuarios e o persoal do despacho de billetes, que puidesen derivar en agresións verbais e físicas.

Con toda probabilidade se esta situación mantense non será a última agresión ademais do menoscabo que a seguridade e saúde que o persoal desta empresa está a padecer, engaden desde CCOO.

Desde o Sector ferroviario de CCOO condenan de forma categórica dita agresión, e instan a RENFE a tomar as oportunas medidas legais en defensa dunha das súas traballadoras.

CCOO trasmiten

Queren transmitir tamén á opinión pública en xeral, e os usuarios do ferrocarril en particular, o alto compromiso que o persoal de venda está a mostrar, tentando dar resposta e solución aos problemas que lles expoñen e nesa liña, e a pesar das deficiencias, seguirán no desenvolvemento da súa función profesional.

Este sindicato, non cexará na procura e achega de solucións, que redunden no beneficio, dos usuarios e dos traballadores.