A agrupación musical do Conservatorio Municipal ponse ás ordes da Escola Galega de Dirección de Banda

Por o 25/01/2018 | Sección: Galicia,Ponteareas
A agrupación musical do Conservatorio Municipal ponse ás ordes da Escola Galega de Dirección de Banda

O auditorio municipal de música do Concello de Ponteareas acolle este sábado e domingo 27 e 28 unha xornada do curso de dirección de bandas de música impartido polos mestres da Escola Galega de Dirección de Banda, Andrea Loss e Toni Cantal e organizado polo Conservatorio Municipal de Música.

O alumnado do curso de dirección dirixirá nas súas clases prácticas á agrupación musical do conservatorio con música de Luciano Feliciani e Thomas Doss.

Todos os que desexen vivir como público esta experiencia didáctica poden achegarse ata o auditorio ás aulas abertas ao público o sábado día 27 de 16 a 18 horas para instrumentos de madeira e de 18:30 a 20:30 os metais e percusión. O domingo día 28 de 11 a 13:30 horas para desfrutar do concerto.

O conservatorio municipal de música convida a todos a desfrutar deste momento musical no que os grandes mestres poñen a proba aos futuros directores de banda.