Agrupación musical Lira de San Miguel de Oia na Alameda de San Campio, A Ramallosa

O Concello de Nigrán de Nigrán ofrece mañá martes, con motivo do Día de Galicia, o concerto da agrupación musical Lira de San Miguel de Oia na Alameda de San Campio, A Ramallosa, ás 12.00 do mediodía.
Por o 24/07/2017 | Sección: Cultura,Galicia,Nigrán
Agrupación musical Lira de San Miguel de Oia na Alameda de San Campio, A Ramallosa
Compartir en:

CONTINÚA O CULTURA NO CAMIÑO CON ‘SINTONÍA MÁXICA’ EN PARADA E FESTAS PARROQUIÁIS

O Concello de Nigrán e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a través de ‘Cultura non Camiño, ofrece mañá martes o espectáculo do Mago Javier Muro ’Sintonía Máxica’ no Torreiro de Parada ás 19:00 horas. Neste mesmo programa a Compañía Asacocirco actuará o 12 de agosto ás 17:30 horas na Alameda de San Campio e, finalmente, o 27 de agosto ás 17:00 horas na Praza do Concello, Troula Animación presentará a obra de teatro infantil ‘Hakuna Matata’. Precisamente, a parroquia de Parada celebra dende o luns e ata o mércores as súas festas patronais en Porto do Molle, finalizando coa actuación estelar da orquestra Panorama.

FINAL DO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMAN PRAIA

O Concello de Nigrán acolle este martes de 10.00 a 21.00 horas a fase final do VII Campionato Galego de Balonman Praia, competición que arrancou en xuño en Samil. Nesta ocasión o escenario é Praia América, onde se proclamarán os campións galegos de tódalas categorías (dende alevín a senior en femininos e masculinos). Os oito mellores equipos de cada categoría son os que se disputan este campionato galego e o pase ao campionato de España. En total, preto de 70 equipos e 280 xogadores se darán cita no areal nigranés. Ao igual que sucede no vóley praia ou no fútbol praia, este practícase descalzo nunha praia de area. Nesta disciplina hai dous equipos, cada un con catro xogadores (incluíndo ao porteiro) e o terreo de xogo é un rectángulo de 27 metros de longo e 12 metros de ancho. de 10.00 a 21.00 horas.