Aicha queda temporalmente na súa vivenda

Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Galicia,Vigo

Aicha queda temporalmente na súa vivenda

Un xulgado de Vigo suspendeu o desafiuzamento de Aicha E. F. previsto para este martes e sinalouno para o próximo 17 de xaneiro, segundo informou a avogada da afectada a Europa Press. A muller, con tres fillos menores e vítima de violencia de géner tiña unha orde de desaloxo para este martes, día 18, ás 13horas.

A Favec volveu a concentrarse este luns na porta do Concello de Vigo para solicitar que se paralice este desafiuzamento e déanselle solucións de vivenda a Aicha E. F., de orixe marroquí, que reside en Vigo desde o ano 2006 e leva un ano sen abonar o aluguer do piso no que vive cos seus fillos.

“Esta situación é horrorosa”, sostivo a presidenta da Favec, María Pérez, quen avanzou que acompañará á afectada este martes para tratar de evitar o seu desafiuzamento.

“Non teño a ninguén”, aseverou Aicha E. F., “estou soa cos tres nenos”. A Xunta aumentoulle a cantidade que percibe en concepto de Risga a 650 euros ao mes desde decembro, cobra 200 euros do Bono Alugueiro e explicou que o concello lle deu unha “axuda extra” de 600 euros coa que pagou dous meses de aluguer. Ademais, explicou que os nenos comen no comedor por unha axuda do consistorio vigués.

Desafiuzamento da muller vitima de malostratos

Hai unhas horas a FAVEC fixo unha rolda de prensa na praza do Rei para informar de como están as cousas co desafiuzamento da muller vitima de malostratos.

Publicada por Noticias de Vigo en Lunes, 17 de diciembre de 2018