Air Nostrum voará 5 días á semana entre Vigo e Valencia este verán

Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Galicia,Vigo

Air Nostrum voará 5 días á semana entre Vigo e Valencia este verán

A aerolínea Air Nostrum, do grupo Iberia, incrementará notablemente a súa oferta de voos entre Vigo e Valencia esta tempada de verán, que arrinca a finais do próximo mes de marzo. Así, os avións da compañía valenciana chegarán a voar entre Peinador e Manises 5 días á semana nos meses centrais da campaña estival, entre maio e setembro; cunha oferta de 1.000 asentos semanais.

En síntese, esta será a operativa presentada e á venda para esta campaña de verán: Abril:

Mércores, Venres e Domingos.

Do 1 de maio ao 22 de setembro: Luns, Mércores, Xoves, Venres e Domingos.

Do 23 de setembro a finais de outubro: Mércores, Venres e Domingos.