Alarma no centro de Ourense ao arder un vehículo cunha muller no interior

Publicado por o día 03/09/2019 na sección de Galicia,Ourense

Alarma no centro de Ourense ao arder un vehículo cunha muller no interior

O 112 Galicia tivo constancia esta mañá dun accidente de tráfico ocorrido na Avenida de Alfonso Rodríguez Castelao, en Ourense.

Segundo os datos facilitados ao CIAE 112 Galicia, un vehículo cunha muller no interior comezou a arder despois de bater contra un farol do alumeado público. Foi entón cando as intervencións de varias persoas particulares evitaron que as lapas calcinasen o vehículo por completo mediante o emprego de extintores.

Nada máis ter constancia do sinistro, ao fío das 8:45 horas, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse, a intervención dos Bombeiros de Ourense e da Policía Local. Ademais, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.