Albert Rivera: “Tendo a man ao PP e ao señor Casado para que botemos ao señor Sánchez”

O líder de Cidadáns ofrece un pacto ao Partido Popular para formar goberno tras as eleccións do 28 de abril
Publicado por o día 28/03/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Albert Rivera: “Tendo a man ao PP e ao señor Casado para que botemos ao señor Sánchez”

O presidente de Cidadáns, Albert Rivera, ofreceu hoxe, na Coruña, a Pablo Casado formar un goberno de coalición para botar a Pedro Sánchez da Moncloa, obxectivo que describiu como emerxencia nacional. “España necesita un cambio e, para que haxa cambio, Sánchez ten que ir á oposición. Foise diluíndo a igualdade en España e iso non pode permitirse“.

Nun acto celebrado en Palexco coas candidatas de Cs ao Congreso Marta Rivera e Beatriz Piñeiro, o líder da formación laranxa ha recalcado que “para que xurda a España da igualdade hai que mobilizarse. Se nos conformamos, Sánchez seguirá e Torra, Puigdemont e Rufián e volverannos a cuspir, simbólicamente. Queremos unha España de iguais na que todos teñamos as mesmas oportunidades. Non unha España de enfrontamento e división”.

Para profundar nesa igualdade, Albert Rivera comprometeuse a implantar unha tarxeta sanitaria única e que o español chegue a todos os recunchos do país sen que “haxa que pedirlle permiso aos nacionalistas. Quero un proxecto -dixo Rivera- onde os funcionarios poidan moverse por toda España. Algo que ata agora non ocorreu porque os gobernos do PP e do PSOE permitiron que non pasase.”

Entre outras medidas, o Presidente de Cidadáns, anunciou unha rebaixa fiscal de ata o 60% e cotas súper reducidas para as mulleres do rural, así como un plan de infraestruturas de fibra e banda ancha que aseguren a interconexión dos pobos. “A España do s.XXI non se conforma, eu non me conformo. Nunha década podemos darlle a volta. Se cadra a xente queda no seu pobo se ten médico, se ten escolas e se ten servizos. O despoboamento non se soluciona con enchufados nas Deputacións, soluciónase con políticas reais.”

No mesmo acto, tamén a candidata de Cidadáns por Pontevedra, Beatriz Piñeiro, fixo fincapé na necesidade de traballar pola igualdade, “queremos unha España de cidadáns libres, unidos e iguais. Queremos unha España mellor e que ninguén nos quite as ganas”.

Pola súa banda, a candidata de Cidadáns pola Coruña, Marta Rivera, destacou a necesidade de acabar coa política da resignación porque poden cambiarse as cousas: “algúns levan tanto tempo cruzados de brazos que saben que van quedar en evidencia, por iso, preocúpalles moito que este equipo entre no Congreso. Nós, imos facer o que mellor sabemos: traballar, traballar e traballar”.