Alberto Abalde do Joventut de Badalona sera o padrina do 5º torneo de baloncesto 3×3 do C.B. Seis do Nadal Coia

Publicado por o día 11/08/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

Alberto Abalde do Joventut de Badalona sera o padrina do 5º torneo de baloncesto 3×3 do C.B. Seis do Nadal Coia

A 5ª Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia nas pistas do Colexio Seis do Nadal os próximos días 21 e 22 de agosto do 2015 xa ten padrino, un padrino da Liga Endesa.

O padrino desta quinta edición do xa tradicional Torneo 3×3 será Alberto Abalde, xogador nado en Ferrol e que milita actualmente no Joventut de Badalona. Alberto Abalde formou parte na última tempada do filial do Joventut que milita en LEB Oro e estivo moi presente no primeiro equipo na Liga Endesa no que disputou esta campaña dezasete partidos. De cara a próxima tempada 2015/2016 o xogador do Joventut vivirá a súa primeira campaña íntegra coa primeira plantilla.

Alberto Abalde tamén formou parte das Seleccións Españolas en categorías inferiores e neste verán conseguiu proclamarse coa Selección Española subcampión do Campionato de Europa Sub20 disputado en Lignano Sabbiadoro (Italia), repetindo de novo a prata que conseguiu o verán pasado no Europeo Sub20 celebrado en Creta (Grecia).

Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia é todo unha honra contar con Alberto Abalde como padrino do 5º Torneo de Baloncesto 3×3 que aínda ten o prazo de inscrición aberto ata o próximo mércores 19 de agosto do 2015.

PRENSA C. B. SEIS DO NADAL