O alcalde anima aos axentes que competirán nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros en Los Ángeles

Publicado por o día 04/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde anima aos axentes que competirán nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros en Los Ángeles

Caballero recibiu esta mañá a parte do equipo que representará a Vigo nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros que se celebrarán en Los Ángeles entre o 7 e o 16 de agosto.

Estes axentes locais, aos que o alcalde desexou o mellor dos éxitos, formarán parte da delegación española e competirán na modalidade de fútbol indoor contra outros 23 equipos de todo o mundo.